viernes, 8 de octubre de 2010

OS PANADEIROS DE INFANTIL

       Os nenos e nenas de infantil fixeron a primeira saída do colexio e foron ao EFA para converterse por unhas horas en panadeiros. Non vos imaxinades que ben o pasaron este día e ao remate levaron para a casa os boliños que eles mesmos prepararon. Aquí vos queda unha pequena reportaxe fotográfica.


miércoles, 6 de octubre de 2010

BENVIDA

Benvidos/as ao blog do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé. Esperemos que a todos e todas vos guste esta nova actividade que dende o centro queremos iniciar.
Iredes vendo aquí actividades que iremos facendo co alumnado e que merece a pena compartir con todos vos.