lunes, 29 de noviembre de 2010

Achégase o Nadal

     Xa case estamos no mes de decembro e comezamos cos preparativos para o Nadal. No cole xa temos instalado o Belén mirade que bonito quedou.

martes, 16 de noviembre de 2010

O Magosto

O pasado 11 de novembro celebramos o Magosto. O tempo xugounos unha mala pasada e non puidemos ir a Santa Marta, pero organizáronse os xogos no patio do colexio e pasámolo moi ben.



lunes, 1 de noviembre de 2010

CELEBRAMOS O DÍA DE SAMAÍN - HALLOWEEN

        No centro celebramos o día de Samaín-Halloween con diferentes actividades. Todos os alumnos e alumnas fixeron algún traballo para expoñer na entrada e na Biblioteca contaron os nenos e nenas máis maiores contos de medo aos máis cativos. Todo no centro estaba decorado para dar medo. Aínda que cremos que ao final non asustamos tanto. Opinade vós.