sábado, 26 de febrero de 2011

TEMOS A FAMILIA REAL DO ENTROIDO

O venres tivemos a primeira festa do entroido no colexio. Desta vez todos e todas viñemos disfrados/as do que máis nos gustaba. Fixemos un desfile e despois do desfile elexíronse os membros da familia real. E aquí están; Brais e Irene de príncipe e princesa e Amara e Carlos que son o rei e a raíña.

Presentámosvos ao MECO e á MECA, que están na entradiña do colexio onde nos reciben cada mañá.
A familia real será a encargada de dicirnos cada día cal é o seu mandato. E este luns é este que vedes no cartel que ten o Meco:

Que nos mandarán traer o martes??

No hay comentarios:

Publicar un comentario