lunes, 28 de febrero de 2011

MANDATO DO MECO E DA MECA


Pero non esquezades de traer tamén algo no pescozo como se vos pediu onte.

sábado, 26 de febrero de 2011

TEMOS A FAMILIA REAL DO ENTROIDO

O venres tivemos a primeira festa do entroido no colexio. Desta vez todos e todas viñemos disfrados/as do que máis nos gustaba. Fixemos un desfile e despois do desfile elexíronse os membros da familia real. E aquí están; Brais e Irene de príncipe e princesa e Amara e Carlos que son o rei e a raíña.

Presentámosvos ao MECO e á MECA, que están na entradiña do colexio onde nos reciben cada mañá.
A familia real será a encargada de dicirnos cada día cal é o seu mandato. E este luns é este que vedes no cartel que ten o Meco:

Que nos mandarán traer o martes??

viernes, 4 de febrero de 2011

O DÍA DA PAZ NA ESCOLA

O pasado venres día 28 de xaneiro celebramos no colexio o Día Internacional da Paz e da Non-Violencia.Nas aulas traballamos sobre este tema ao longo de todo o curso e nun pequeno mural colocamos os nosos de sexos da paz. Os nenos e nenas do cole cremos na Paz e estamos convencidos de que se pode conseguir se todos poñemos da nosa parte.

Aquí tedes unha pequena presentación de fotos do día:





E esta é a canción que cantamos