lunes, 11 de noviembre de 2013

IMOS CELEBRAR O MAGOSTO

Pasou o Samaín e chega o Magosto. Estamos de festa. Mañá é un día especial.

Imos celebrar o Magosto no cole. Según as prediccións metereolóxicas imos ter bo tempo. Oxalá sexa así.

Este vai ser o plan do día:

Pola mañá faremos distintos xogos populares no patio (comecastañas, o pano, a roda, carreira de sacos, turra-soga, bolos, e igual algún máis)
A mediodía imos comer todos xuntos uns bocatas no patio do cole. Será un día de convivencia total.
E despois de comer vén o que máis nos gusta a todos, grandes e pequenos, a fogueira  para asar as castañas. Chegarán as castañas? Chegará o fasco? Verémolo.

PASÁDEO MOI BEN!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario